Resumo da xuntanza da Comisión de Seguimento do Acordo de Interinos

 

  • LISTAS DE ORIENTACIÓN DE PRIMARIA:
    • A Consellaría presenta unha proposta de modificación da orde do CADP no tocante á configuración das listas de Orientación do corpo de mestres, pola que se declara Orientación como unha especialidade para os efectos da confección das listas; polo tanto, na lista dinámica podería entrar aquela xente que traballase por Orientación e non consolidase posto na lista de referencia.
    • CCOO-Ensino ratificou a postura que xa manifestara na anterior Comisión de Seguimento, na que se tratou este tema. CCOO considera que se debe establecer unha lista cunha parte fixa con todos aqueles que traballaron por Orientación ordenados pola data en que comezaron a prestar servizos e, a continuación, establecer a lista dinámica, tal e como se pretende actualmente .
    • Debérase estudar a adxudicación para que, os casos aos que lles puidese corresponder traballar e non foron adxudicados, se lles ofertase unha vacante. 
    • CCOO manterá esta postura na vindeira Mesa Sectorial, na que se tratará esta modificación da orde do CADP.
  • LISTAS DE FRANCÉS DO CORPO DE MESTRES 
    • CCOO esixe que nos centros saian as prazas de Francés que corresponden por catálogo e se adxudiquen por esta especialidade e non se cambie nos chamamentos o seu perfil.
    • Solicitamos que se proceda a compensar chamamento a aquelas persoas prexudicadas da lista de francés, ao cubrir estas prazas por primaria de modo irregular.
  • PRAZAS DE E. INFANTIL 
    • Denunciamos que non se está a cubrir o cuarto profesor de EI nalgúns centros nos que lles corresponde por catálogo ou se cobre de forma parcial. Demandar que esas prazas se cubran e se faga de modo completo.
  • PERFÍS DAS VACANTES NO CADP 
    • Denunciamos os perfís dalgunhas vacantes do CADP de Secundaria, especialmente naquelas especialidades propias da FP, e naquelas que teñen ámbitos dos PMAR ou EPA, xa que moitos centros están a sacar como vacantes con materias afíns todas as prazas dun mesmo departamento, fragmentándoas e non dotando vacantes con horario completo sen afíns.
  • VACANTES DO CORPO DE CATEDRÁTICOS/AS DE MÚSICA E ARTES ESCÉNICAS 
    • Solicitamos explicacións sobre a cobertura das prazas do corpo de catedráticos de música e artes escénicas, ao colgarse estas vacantes tras a adxudicación definitiva do CADP, habendo persoal participante que pertencía ás listas de ambos os corpos se está producindo unha retardación da cobertura ao ser ofertadas a posteriori a persoal xa adxudicado polo corpo de profesores/as de música e artes escénicas.
  • OPE 
    • Aínda que os temas relacionados coa OPE trataranse nunha vindeira comisión de seguimento do acordo, desde CCOO-Ensino quixemos manifestar o seguinte. 
      • Denunciar o alto número de prazas desertas. 
      • Aínda que se produciu unha redución da temporalidade, estamos lonxe de acadar os obxectivos marcados no Acordo de Emprego. 
      • Esiximos unha maior convocatoria de prazas para o vindeiro ano
  • DECLARACIÓNS AOS MEDIOS DO XEFE TERRITORIAL DE PONTEVEDRA 
    • Expresamos o rexeitamento ás declaracións feitas por César Pérez Ares, xefe territorial de Pontevedra, á Cadena Ser en relación co conflito creado no CEP Caldelas de Tui pola falta de profesorado para cubrir as substitucións de dous docentes no inicio de curso; ademais de menosprezar o profesorado, amosa un descoñecemento absoluto sobre como funciona a cobertura das substitucións en Galicia, polo que esiximos que se tomen as medidas necesarias.