Publicado o XV Convenio de centros e servizos de atención a persoas con discapacidade

O pasado xoves 4 de xullo publicabase o XV convenio colectivo do sector de discapacidade tras máis de dous anos de negociacións. 

Dende a Federación de Ensino de CCOO agradecemos a tódalas persoas (afiliación, traballadoras e traballadores, representantes sindicais) que dun ou doutro xeito colaboraron no proceso que finalmente culminou cun novo convenio colectivo que representa un avance significativo respecto ao anterior. Sen as aportacións á plataforma reivindicativa, sen as mobilizacións do sector, sen a confianza despositada nas persoas que negociaban, sería imposible consolidar as melloras acadadas en materia se retribucións e dereitos laborais 

CON CCOO LOITAS, CON CCOO AVANZAS!!