SOBRE O ACORDO 
REXISTRO E CONTROL DE XORNADA

CCOO valora positivamente o acordo alcanzado ao considerar que representa unha oportunidade para intervir nos centros, poñendo en valor a negociación colectiva. Igualmente, permitenos exercer de xeito máis efectivo unha mellor defensa dos dereitos das persoas traballadoras.

Unha vez coñecidos diversos documentos nos que FSIE expón as súas razóns para non subscribiro acordo, CCOO quere resaltar que:
1.- O pacto establece o marco xeral do control e rexistro de xornada que posteriormente deberá adaptarse en cada centro, a través do consenso entre empresa e representantes sindicais.
2.- Non se cambiou o convenio vixente, aínda que si se avanzou en precisar algunhas das cuestións menos previstas. Quen si pretendeu facelo agora (cando non toca) foi FSIE. Quixo resolver nuns poucos días o que non suscitou nin no debate do VI Convenio nin, polo que parece, na comisión creada para adecuar a xornada do persoal docente. Que fixeron durante estes anos como sindicato maioritario? Agora tapan as súas vergonzas e o seu fracaso, e tratan de autojustificarse non firmando.
3.- FSIE nunca conseguiu nada para un sector cuxos únicos avances proceden de acordos laborais xenerais ou da equiparación co que CCOO firma na ensino público.
4.- FSIE desautorizase a si mesmo cando aporta durante a negociación un documento de traballo na liña do firmado e finalmente decide non facelo. Por que traslada á Mesa Negociadora os seus problemas de loitas internas?
5.- Prodúcenos estupor e perplexidade cando FSIE terxiversa e mente sobre algún aspectos do acordo, tales como tempo entre clases, recreo, dietas ou desprazamentos fóra do centro por tarefas encomendadas. Gustaríanos coñecer cales son os textos concretos do articulado do VI Convenio cuxa aplicación prexudicar coa firma do acordo.
CCOO vai preparar nos próximos días unha proposta xeral para mellorar a regulación da xornada en cada colexio desde principios de setembro. Algo que debe facerse de xeito consensuado, que nos permita abordar a negociación do VII Convenio dunha forma constructiva.