CCOO ensino denuncia irregularidades na ABAU e esixe que se asuman responsabilidades na CIUG pola nefasta xestión da proba de Filosofía

Hoxe viviuse unha situación esperpéntica nas probas da ABAU (selectividade), ao quedar anulado o examen de filosofía, posto que non cumpría coa estrutura e contidos correctos. 

Deste xeito, o alumnado logo de vivir unha situación caótica e de gran incertidume realizará este último exame pola tarde, cos pertinentes prexuízos de cambios de billetes de volta, etc.

CCOO-ensino esixe depurar responsabilidades na CIUG, posto que podemos entender o erro humano nunha proba, pero non se entende que nin o exame de reserva, nin o grupo de traballo da CIUG desen resposta de xeito inmediato ao erro.