CCOO ENSINO GAÑA AS ELECCIÓNS NO PERSOAL LABORAL DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FP DA XUNTA DE GALICIA

O sindicato quere agradecer a participación de todos/as os/as traballadores/as, especialmente aquelas e aqueles que depositaron a súa confianza en CCOO ensino. 

Recentemente, CCOO asinou acordos de mellora de emprego, de carreira profesional e de funcionarización. A pesar da forte campaña contra estes acordos dalgunha organización sindical por motivos meramente electorais, as traballadoras e traballadores revalidaron o seu apoio a CCOO, o que vén avalar o asinamento de tales acordos por esta organización.

Somos a primeira organización sindical en votos en tres provincias: A Coruña, Lugo e Pontevedra e a segunda en Ourense.

 

CCOO

UGT

CIG

CSIF

A Coruña

10

2

5

6

Lugo

6

1

4

6

Ourense

3

2

5

3

Pontevedra

7

5

7

2

TOTAL

26

10

21

17