CCOO ensino, incrementa notablemente a súa representación nas tres universidades galegas

Onte, 9 de maio, celebráronse as eleccións sindicais nas tres universidades galegas, onde CCOO ensino é a organización sindical que aumenta máis delegados/as con respecto ás eleccións anteriores. 

CCOO ensino gaña de maneira contudente as eleccións na Universidade de Santiago de Compostela. Tamén mellora de xeito notable á súa representación nas outras dúas universidades (Vigo e A Coruña).

O sindicato quere agradecer a participación de todos/as os/as traballadores/as especialmente aquelas e aqueles que depositaron a súa confianza en CCOO ensino. 

USC: 

CCOO ensino dobra representación en Persoal de Administración e Servizos Funcionario (PAS-F) e é a forza máis votada polo Persoal Docente Investigador Funcionario (PDI-F). CCOO pasa a ser a primeira forza sindical con 34 delegados/as con 5 máis co segundo, e 15 máis co terceiro. Estes resultados outorgan ao sindicato a maioría absoluta no Comité Intercentros no que obtén 7 dos 13 representantes. 

UDC:

CCOO ensino incrementa 4 delegados/as o que lle permite ampliar a distancia con UGT en 3 delegados/as e recortando en 3 coa CIG e en 4 co CSIF converténdose na organización sindical de referencia no PAS-F.

UVigo:

CCOO ensino incrementa 1 delegado/a no cómputo total mellorando os resultados de hai catro anos.