A partir do día 2 de maio é obrigatoria a remisión dos partes de IT (baixa, confirmación e alta) ás xefaturas territoriais correspondentes ou a servizos centrais no caso do persoal que preste servizos nestes, exclusivamente de modo telemático.
CCOO-Ensino considera que se poden dar situacións nas que o traballador/a esté imposibilitado para o acceso á súa conta de correo corporativo, polo que presentou por rexistro unha solicitude para que se permitise a presentación en papel deses partes en determinados casos.
Postos en contacto coa Consellería, transmítenos que van a considerar certas excepcións permitindo a presentación por outros medios, tal e como demandabamos. Estamos á espera de que a Consellería concrete ditas excepcións para valorar se son suficientes ou deben ser ampliadas
Procedemento:
Entrar na aplicación informática: https://www.edu.xunta.es/datospersoais
Lembrarvos que a ela accededes coa vosa conta de correo edu.xunta.es e o voso contrasinal
Accedendo á dita aplicación o/a traballador/a cubrirá os datos que alí se lle indican e anexará dixitalizado o parte de baixa, confirmación ou alta nos seguintes prazos
- Parte médico de baixa por incapacidade temporal: no prazo de tres días contados a partir da data de expedición do parte.
- Parte médico de confirmación da baixa: no prazo de tres días contados a partir da data de expedición do parte.
- Parte médico de alta: no prazo das 24 horas seguintes a súa expedición
Non se remitirá ningún orixinal destes partes ao centro educativo así como tampouco ás xefaturas territoriais nin aos servizos centrais.