Concilias 2019: NOVA ORDE

Publicada a NOVA ORDE DE CONCILIAS, que derroga a orde do 23/02/2018.

 

 

Non será esixible o requisito de ter destino definitivo a máis de 60km da localidade para quen preste servizos en centros con xornada partida, unha demanda xeneralizada do colectivo que CCOO sempre defendeu.

 Mantense a non obrigatoriedade de solicitar:

  • Centros penitenciarios.
  • Centros de educación permanente de adultos.
  • Centros ordinarios en que se imparten ensinanzas de adultos
  • Centros con réxime de xornada partida.

 Mantéñense os requisitos de idade dos fillos/as (computados a 31/12 do ano anterior) engadindo a situación de discapacidade.

 PRAZO DE SOLICITUDES: 10 días hábiles após a publicación da resolución definitiva do CXT, prevista para o 23 de maio (2 días hábiles despois da publicación das notas para quen supere o proceso selectivo).