XII CONVENIO COLECTIVO DE ÁMBITO ESTATAL
DE CENTROS DE ASISTENCIA E EDUCACIÓN INFANTIL

Na reunión mantida este 25 de abril, CCOO, organización maioritaria no sector, manifestou o seu rexeitamento á última proposta patronal por considerala totalmente insuficiente, mentres que o resto de organizacións sindicais se conxuraron de novo para aceptaren unhas condicións salariais que distan moito das pretensións iniciais e que perpetúan a precariedade entre miles de traballadoras. Por se non abondase, tiveron o cinismo de agradecer na Mesa o «esforzo» patronal. Esperpéntico, vergoñento e patético.

CCOO NON acepta nas táboas xerais:

  1. Que as educadoras pasen a cobrar 930 € (incluíndo o complemento específico) desde o 1 de xuño de 2019. Sinxelamente, é humillante e denigrante dada a responsabilidade que teñen e non compensa en absoluto o sacrificio realizado durante os últimos sete anos e medio de conxelación salarial.

2012

2013

2014

2015*

2016

2017

2018

2019

2020

2021

0 %

0 %

0 %

0 %

0 %

0 %

0 %

930 €

desde o 1 dexuño

2 %

1 %

* CCOO non asinou a conxelación salarial que aceptaron USO, UGT e FSIE 

  1. Que se renuncie a unha parte do salario. A suma dos 900 € fixados como smi máis o complemento específico de 43,54 € é superior aos 930 € pactados.
  2. Que se incumpra o compromiso confederal de UGT e CCOO de non aceptar incrementos salariais por baixo dos 1000 € en 2020. Como explica esta renuncia a UGT?

Como abandona desta maneira a un colectivo que sostén o sector enriba do seu lombo? Chámanlle a isto dignificar o sector? Nun sector totalmente feminizado, seguen afondando a brecha salarial. Tan axiña esquecen as mobilizacións do 8M?

  1. Que as diferenzas entre as táboas salariais de xestión indirecta e as táboas xerais vaian ser tan abismais. Como se xustifica que unha educadora que presta os seus servizos en xestión indirecta vaia cobrar en 2021 case 170 € máis ca unha compañeira de xestión directa? Seica non realizan o mesmo traballo?

Ante este novo atropelo aos intereses das traballadoras, consecuencia da actitude servil, indecente e insensible do resto de organizacións sindicais, CCOO anuncia mobilizacións en todo o Estado para o 1 de maio e convoca a todo o sector ás concentracións que se farán o sábado, día 11. Ao tempo, valoraremos a conveniencia de convocar paros nos centros de traballo contra o asinamento do convenio.