PRIVADA: REXISTRO DE XORNADA

Base legal

Real Decreto-lei 8/2019, de 8 de marzo de medidas urxentes de protección social e de loita contra a precariedade laboral na xornada de traballo

¿Cando comeza a ter efecto o RD? 

Dous meses despois da súa publicación no BOE; é dicir ata  o 12 de maio de 2019

Repercusión no Estatuto dos Traballadores

Modifica o art. 34

A quen lle afecta

O RDL de 2/2015, de 23 de outubro xa establecía a obrigatoriedade de rexistro  das horas extraordinarias e das xornada dos traballadores/as a tempo parcial; agora  Real Decreto-lei 8/2019  extende esa obriga a practica totalidade dos traballadores ((comerciais, transporte e outras actividades… análogas quedan  pendientes)

Obrigas que establece

  • A empresa está obrigada a garantir o rexistro diario da xornada no que ten que constar o comezo e fin da mesma,  sen prexuizo da flexibilidade horaria que se estableza
  • Os rexistros de xornada deberán conservarse durante 4 anos
  • Os rexistros deben estar  ao dispor de inspección de traballo, representantes legais dos traballadores e dos propios traballadores.
  • Todas as empresa deberán instalar procedementos de rexistro de xornada fiable e obxectivo (sen que se estableza un modelo oficial. A natureza dos mesmos poderá ser manual, analóxica ou dixital)  
  • A maneira na que se organiza, e documenta o rexistro da xornada  deberá levarse a cabo mediante:
    • Negociación colectiva
    • Acordo de empresa coa representación dos traballadores 
    • Por decisión do empresario tras consulta cos representantes dos traballadores
  • Os representantes dos traballadores deberán recibir información sobre os rexistros de xornada

Infraccións

  • Non levar o rexistro de xornada será considerada infracción grave  con múlta de ata 6.250€ contemplada no art 7.5 da Ley  sobre Infracións e Sancións na Orde Social (LISOS) 
  • Non rexistrar as horas extraordinarias ou apreciar a existencia de prolongación de xornada
  • Acreditar a realización de horas extras e non acreditar o seu pagamento
  • Abono irregular das horas extras non facendoo constar na nómina.
  • Encubrir a realización das horas extras baixo outros conceptos salariais.
  • Non comunicar aos representantes dos traballadores a realización de horas extras.

En xeral toda “A transgresión das normas e os límites legais ou pactados en materia de xornada, traballo nocturno, horas extraordinarias, horas complementarias, descansos, vacacións, permisos, rexistro de xornada e, en xeral, o tempo de traballo a que se refiren os artigos 12, 23 e 34 a 38 do Estatuto dos Traballadores.

Comparte o que pensas