Charlas na Universidade sobre as oposicións ao ensino (2019)

As charlas informativas, que terán lugar en todos os campus galegos durante o mes de marzo, buscan explicar ao alumnado interesado o sistema de acceso á función pública docente. Por outra banda, informarase sobre o Acordo pola Mellora do Emprego Público que CCOO asinou en Madrid e grazas ao cal estamos tendo amplas convocatorias de oposicións nos anos 2018, 2019 e 2020, unha oportunidade que CCOO anima a aproveitar.

As persoas delegadas de CCOO-Ensino realizarán as charlas entre o 25 e 27 de marzo co seguinte calendario:

SANTIAGO 27/03 11:45 hs Salón Actos Facultade de CC da Educación, campus norte
A CORUÑA 26/03 12 hs Salón de Graos da Facultade de CC da Educación
LUGO 27/03 12 hs Salón de Actos Facultade CC Educación
VIGO 25/03 12 hs Salón Graos Facultade CC Económicas
OURENSE 25/03 12 hs Salón de Actos Facultade CC Educación
PONTEVEDRA 26/03 12 hs Salon de Graos Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación

 

 DESCARGA AQUÍ A GUÍA DE PREGUNTAS E RESPOSTAS SOBRE AS OPOSICIÓNS

 DESCARGA AQUÍ A REVISTA INFÓRMATE SOBRE AS OPOSICIÓNS 2019

Comparte o que pensas