EDUCACIÓN INFANTIL PRIMEIRO CICLO. MESA NEGOCIADORA DE 27 DE FEBREIRO DE 2019

 A patronal maioritaria (ACADE) inicia a súa intervención mostrando o seu malestar e incredulidade pola actitude de CCOO durante a última semana. Acúsannos de mala fe negociadora por convocar mobilizacións xusto antes da Mesa de Negociación e por ocasionarlles molestias coa campaña change.org. 

Pedímoslles por dúas veces, na nosa primeira intervención e na última, que retiren esa acusación xa que o noso comportamento dentro e fóra da Mesa sempre estivo comprometido na procura de solucións para resolver o conflito. Así mesmo, facémoslles saber que a mobilización, a negociación e a xudicialización conforman o ADN da nosa organización e que as utilizaremos na medida que nós consideremos. 

Mantéñense e ratifícanse na súa acusación, o que nos abre as portas, en caso de consideralo oportuno, a iniciar as accións legais que creamos convenientes. 

Durante o transcurso da sesión presentamos a nosa proposta retributiva (ver máis abaixo) 

Convócase unha Mesa para o próximo 12 de marzo. A nosa intención, á espera da resposta patronal, sería poder asinar as táboas de xestión indirecta, coa idea de que puidesen publicarse en breve, xa que consideramos que os incrementos salariais poden representar unha oportunidade de mellora para moitas traballadoras. 

Se iso fose posible, seguiriamos negociando o resto das táboas salariais (xerais e concertada). Neste sentido non hai unanimidade entre as patronais, xa que algunhas consideran que o convenio debe de asinarse cando estea todo acordado. É dicir, non ven a posibilidade de rexistrar acordos parciais. 

Cuestións a considerar: 

1. A nosa proposta de táboas xerais seguramente non será aceptada xa que manifestaron que representa un incremento de máis dun 17% para as educadoras até 2022. Por tanto eses 950-965 que propomos para 2019 rebaixaranos. E o resto de sindicatos aceptarao. 

2. Do resto do convenio non se vai a falar. Só táboas e adaptacións legais. Non hai marxe. Despois de dous anos sen practicamente avances o único que queda é negociar táboas. 

3. Coa nosa proposta garantimos 1.000 euros para educadoras en 2021, na liña coa AENC. 

4. A sensación que temos é que o teñen moi avanzado con UXT e o resto de sindicatos. A nosa proposta de achegamento lles descolocó a todos e non sabemos que pode pasar na próxima reunión. 

5. A idea de confeccionar unhas táboas en xestión indirecta vinculando a licitacións é de CCOO. Esperemos que non lla acaben apropiando facendo un mal uso da idea orixinal, que non é outra que garantir incrementos importantes aproveitando a nova lei de contratación pública.

PROPOSTA DE CCOO PARA AS TÁBOAS XERAIS

  • 2019

 • Categorías con SB por debaixo de 900€, pasarán a un SB de 900€.

 • Educadora infantil: 

  • Salario Base de 950€ hasta 31/08/2019 (el CE se integra dentro del SB) 
  • Salario Base de 965€ desde 1/09/2019 (el CE se integra dentro del SB) 

• Resto de categorías. Incremento del 2% desde el 1/01/2019 para Salario Base. 

  • 2020, 2021 y 2022 

• Incremento retributivo del 2% para todas las categorías y sobre todos los conceptos retributivos excepto:

      1. Educadora infantil que fijará SB en 980€ en 2020, 1.000€ en 2021 y 1.030€ en 2022

PROPOSTA DE CCOO PARA AS TÁBOAS DOS CENTROS DE XESTIÓN INDIRECTA

  • 2019

 • Categorías con SB por debaixo de 900€, pasarán a un SB de 900€. 

 • Resto de categorías manterán o diferencial que existe nas actuais táboas en relación ás táboas xerais 

  • 2020, 2021 y 2022 

• Incremento retributivo do 2% para todas as categorías e  sobre todos os conceptos retributivos a excepción da seguinte situación: 

  A medida que as empresas liciten aplicarase un incremento do 10% sobre o SB para todas as categorías. Garantirase  que un ano antes do remate da vixencia do convenio todas as empresas, licitaran  ou non, rexeranse polas mesmas táboas (as do incremento do 10%).