CCOO-Ensino esixe a funcionarización inmediata das categorías de coidador (III-99) e interprete de linguaxe de signos (III -104).

CCOO-Ensino ven de presentar un escrito diante da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellaría de Educación, Formación Profesional e Universidades na que solicita a funcionarización urxente das categorías de coidador (IIi-99) e intérprete de linguaxe de signos (III-104), en base ás seguintes cuestións:

 

  • O Acordo de concertación do emprego público de Galicia, asinado por CCOO, recolle a estabilización do emprego, a funcionarización do persoal laboral e o desenvolvemento da carreira profesional.

 

  • O acordo establece a funcionarización de todas as categorías de persoal laboral da Xunta. A pesar disto no anexo que a Dirección Xeral de Función Pública presenta para a negociación non aparecen os colectivos maioritarios de persoal laboral que desenvolven o seu traballo na Consellería agás os auxiliares coidadores e de enfermería que representan unha porcentaxe mínima do persoal laboral desa Consellería.

 

  • O persoal coidador (111-99) fai as mesma funcións que o persoal auxiliar-coidador. O único motivo alegado por DXFP para excluílos é que pertencen a unha categoría a extinguir na RPT. Para que non se produza unha discriminación entre dous colectivos coas mesmas funcións bastaría que a Consellaría fixese caso ás propostas de modificación da RPT que desde CCOO levamos anos facendo. 

 

  • As e os interpretes de linguaxe de signos veñen desenvolvendo o seu labor dentro da aula ao igual que o resto do persoal docente, motivo este suficiente para demandar a súa inmediata convocatoria de OPE (xa que está no 100% de temporalidade) e funcionarización.

 

A funcionarización con carácter de urxencia destas dúas categorías, debe supor o primeiro chanzo para a funcionarización das restantes categorías ata acadar o previsto no Acordo de concertación de emprego que é a funcionarización de todo o persoal laboral da Xunta de Galicia.