Reunión da mesa negociadora
do Convenio colectivo nacional de autoescolas

Reunión da mesa negociadora
do Convenio colectivo nacional de autoescolas

O pasado 30 de xaneiro tivo lugar a reunión da Mesa Negociadora do Convenio de autoescolas, convocada para proceder á actualización dos salarios dos traballadores/as do sector.

O acordo entre a patronal do sector e os sindicatos estatais de ensino foi unánime, polo que se procedeu a asinar o acordo e as novas táboas salariais consonte os seguintes criterios:

1.    Decídese non actualizar os salarios dos dous anos anteriores, compensando esta conxelación cunha revisión importante en 2019.

2.    Proceder á adaptación dos salarios ao novo smi publicado polo Goberno.

3.    Actualizar os salarios para este ano 2019, dunha maneira moi significativa para todas as categorías, agás a de «director». Así, actualízanse os salarios base aplicando as seguintes porcentaxes:

Profesor/a: 5,62 %

Oficial administrativo/a: 6,3 %

Auxiliar administrativo/a: 12,2 %

Aspirante: 22,3 % (*)

Mecánico/a: 7,8 % (*)

Condutor/a: 7,8 % (*)

Limpeza: 22,3 % (*)

(*) Ata o novo smi de 840 € en 15 pagas anuais

Hai que sinalar que o complemento de antigüidade/trienio e o complemento de transporte non sofren variación, ao se rexeitar as pretensións iniciais da Patronal para que o incremento do smi quedase absorbido por estas cantidades. Finalmente, conseguiuse que este incremento se incorpore directamente ao salario base dos traballadores que tiñan un sb inferior ao smi, sen ter en conta o salario total anual, como establece o Real decreto 1462/2018, do 21 de decembro.

Así mesmo, emprazámonos a unha nova reunión da Mesa Negociadora o próximo 7 de marzo para negociar posibles modificacións do texto do convenio.

Xúntanse as táboas definitivas de 2017, 2018 e 2019.

TÁBOAS SALARIAIS PARA O 2017 E 2018

Categoría

Salario base

Antigüidade/Trienio

Compl.Transporte (2)

Director/a

1.003,01 €

38,10 €

38,49

Profesor/a

937,33 €

34,33 €

38,49

Oficial Administrativo/a

846,64 €

25,29 €

38,49

Auxiliar Administrativo/a

748,84 €

25,29 €

38,49

Aspirante

(1)

16,38 €

38,49

Mecánico/a

779,32 €

25,29 €

38,49

Condutor/a

779,32 €

25,29 €

38,49

Limpeza

660,52 €

25,29 €

38,49

 A retribución de «aspirante» corresponderase coa dos contratos de Formación.

Complemento de transporte: será aboado soamente polos meses efectivamente traballados, non se devindicarán en períodos de incapacidade laboral transitoria ou vacacións.

TÁBOAS SALARIAIS PARA O 2019

Categoría

Salario Base

Antigüidade/Trienio

Compl. Transporte (2)

Director/a

1003,01€

38,10 €

38,49

Profesor/a

990,00 €

34,33 €

38,49

Oficial Administrativo/a

900,00 €

25,29 €

38,49

Auxiliar Administrativo/a

840,00 €

25,29 €

38,49

Aspirante

840,00 €

16,38 €

38,49

Mecánico/a

840,00 €

25,29 €

38,49

Condutor/a

840,00 €

25,29 €

38,49

Limpeza

840,00 €

25,29 €

38,49

A retribución de «aspirante» corresponderase coa dos contratos de Formación que figuran no artigo 6.

Complemento de transporte: será aboado soamente polos meses efectivamente traballados, non se devindicarán en períodos de incapacidade laboral transitoria ou vacacións.