INCREMENTASE EN CASE 1000 PRAZAS A PRIMEIRA OFERTA DE VACANTES DE SECUNDARIA PARA O CONCURSO XERAL DE TRASLADOS FEITA POLA CONSELLARÍA DE EDUCACIÓN

Despois de moitos anos de ridículas ofertas de vacantes para o concurso xeral de traslados logramos un proceso de negociación real e centralizado das vacantes que se ofertarán no concurso xeral de traslados. Esta negociación ten como resultado a maior oferta de vacantes que recordamos. 

A proposta inicial de 890 vacantes para os corpos de secundaria ascende, trala negociación, a un mínimo de 1829 á espera de pechar alguns flecos.

Esta negociación centralizada demostra que nos últimos anos estiveronse a agochar vacantes de necesaria cobertura para un bo funcionamento sistema educativo galego.

Con esta oferta conseguimos dous históricos obxectivos

  • Reducir o tempo e o numero de profesorado en expectativa de destino
  • Incrementar a estabilidade dos cadros de persoal dos centros 

Valoramos moi positivamente esta oferta. Esperamos que inicie o camiño das ofertas dos vindeiros concursos. 

CCOO-Ensino advirte á Consellería que é necesario abordar unha serie de cuestións que conlevarían un maior incremento das vacantes a ofertar:

  • Cambiar os criterios da atención á diversidade.
  • Abordar os desdobramentos en determinadas materias.
  • Reducir as rateos
  • Implementar outras medidas que fomenten a atención individualizada.
  • Recuperar os horarios lectivos de 18 horas en secundaria e  21 no ensino primario.
CORPOVACANTES
MESTRXS1017
PES1177
PTFP380
PROF EOI151
CATEDRÁTICXS MÚSICA AAEE119
PROF. MÚSICA AAEE134
PROFESORADO AAPP E DESEÑO21
MESTRXS TALLER AAPP E DESEÑO3
TOTAL3002