INCAPACIDADE TEMPORAL SUPERIOR A 90 DÍAS

Dende xaneiro de 2019 cóbrase o 100% do salario despois do día 90 de baixa

 

Desde 2013 ata o 2019, a Xunta de Galicia pagou menos do que corresponde legalmente a todos aqueles funcionarios/as que permaneceron en situación de IT máis de 90 días. 

A partires do día nonaxésimo de baixa os traballadores e traballadoras cobran dúas cantidades de dúas entidades distintas: 

  • As retribucións básicas corresponde pagalas á Consellería de Cultura, Educación e O.U. MUFACE paga un subsidio correspondente á cantidade máis alta de entre as seguintes: 80% das retribucións básicas: salario, trienios, e 1/6 da paga extra. 

ou

  • 75% das retribucións complementarias: c. destino, c. específico (incluindo titorías, sexenios e cargos directivos…), e 1/6 do c. específico (sen titorías, sexenios e cargos directivos…) 

Desde o mesmo 2013, CCOO ensino presentou reclamacións e viuse obrigada a recurrir ante o xulgado. Gañamos varias sentenzas, que obrigaron a pagar o 100% do salario do mes anterior ao inicio da baixa despois do día 90 en situación de IT. Dende novembro de 2018 a Xunta asume que tén que pagar a cantidade que corresponda ata complementar o 100% do salario. Todas aquelas persoas que teñen presentada reclamación, van obter un resposta positiva.