O NOVO SMI EN 2019

  • CONSIDERACIÓNS

A partir de xaneiro de 2019 o SMI incrementase nun 22,3% e pasa a ser de 30 € día e 900 € mes para a xornada completa en 14 pagas.
Se as pagas extraordinarias están prorrateadas, o SMI mensual será de 900 € + 150 € (prorrata da parte proporcional)

Para determinar se o nosos salario está por enriba ou por debaixo do SMI, o relevante é o salário anual; é dicir 12.600 € anuais.
Se a xornada é parcial cobrarase a parte proporcional.

  • QUE CONCEPTOS SALARIAIS SE INCLUEN PARA CALCULAR O SMI

Aqui enfrontámonos a unha dobre interpretación: a que parece deducirse do Real Decreto-ley 28/2018, de 28 de diciembre e a que sostemos CCOO.
SegundoArtículo13.2doRD 28/2018

1. Consideraranse habilitadas legalmente as regras de afectación establecidas no real decreto que fixe anualmente o salario mínimo interprofesional en relación co incremento da súa contía ás normas non estatais e contratos e pactos de natureza privada vixentes á súa entrada en vigor.
2. O disposto no apartado anterior enténdese sen prexuízo de que deban ser modificados os salarios establecidos en contratos ou pactos de natureza privada inferiores no seu conxunto e en cómputo anual ás contías do salario mínimo interprofesional vixente en cada momento na contía necesaria para asegurar a percepción das devanditas contías, sendo de aplicación as regras sobre compensación e absorción que se establecen nos reais decretos polos que anualmente se fixa o salario mínimo.

Segundo o RD incluense
– Salario Base.
– Complementos salariais en metálico.

  • POSICIÓN DE CCOO

CCOO valoramos positivamente o incremento do SMI que se situa na liña do que nesta organización vimos esixindodesdehaianoseque deberáchegaraos14.000€no2020.

Pero entre as obxecións presentadas, consideramos que os pluses non deberían incluirse no cálculo. Ademáis iso vai xerar multitude de situacións inxustas e paradóxicas: persoas da mesma empresa e coa mesma categoría terán salarios diferentes ou que a que ten menos antigüidade cobre máis ca outra que ten máis; persoas decategoríainferiorquepasanacobrarmáiscasdunhacategoríasuperior; persoasqueveráncomoosplusesque perciben (toxicidade, nocturnidade, festividade…) quedan absorbidos e na práctica desaparecen…

  • EXEMPLO DE CÁLCULO

Unha traballadora percibe mensualmente

·  SB: 837,66€

·  Trienios: 21,25€/mes

·  Complementodedesarrolloprofesional43,54 €/mes.

Mensualmente esta persoa percibe 902 € mes. Se ten as pagas prorrateadas, o seu salario mensual será de 1052.40 € (900+ 150)
Se multiplicamos o seu salario por 14 pagas (ou por 12, se están prorrateadas) o seu salário anual será de 12.628

Se se intrerpreta a clausula de compensación e absorción que reflicte o RD, habería que realizar a inclusión dos Complementos e pólo tanto o seu salário anual supera en 28 € ao o salário anual establecido no RD. A esta persoa non lle actualizarán o seu salário e seguirá como ata agora.

SecomoconsideramosCCOO,oscomplementosnonseincluisennocálculo, osalárioanualdesapersoa sería de 837,66 *14 = 11.727 €. Como non chega aos 12.600 anuais, debería ser incrementado en 873 € anuais ou 62,34€ mensuais.