Unha nova gran oferta de emprego público para o ano 2019

Oferta total de 2064 prazas das que 1788 son de ingreso libre

Esta oferta que supera á realizada o ano pasado é consecuencia do Desenvolvemento do Acordo para o Desenvolvemento dun Plan de Estabilidade no Emprego dos Servizos Públicos, asinado por CCOO e outras organizacións sindicais, o 18 de outubro de 2017.

Nun contexto no que o estado impón unha taxa de reposición do 100%, logramos incrementar nun 59,35% o número de prazas de ingreso libre, increméntanse en 666 as 1122 que se convocarían se só se tivese en conta a taxa de reposición.

CCOO-Ensino seguirá loitando pola eliminación da taxa de reposición. Mentres tanto, seguiremos avanzando con acordos que permitan ampliar o número de prazas. 

Queremos facer unha valoración positiva da oferta aprobada e destacar que o acordo asinado supón un incremento de case un 60% das prazas que se ofertan como reposición. Este incremento é unha moi boa noticia para as opositoras e opositores. Elevar a primeira proposta feita na Comisión de Seguemento do Acordo de 530 prazas de consolidación ata as 666 actuais é consecuencia da negociación colectiva que sempre que acaba en acordo supón unha mellora para as traballadoras e traballadores.

Esta oferta de emprego, permitirá rebaixar nun 2% a taxa de temporalidade nunha soa convocatoria, nun contexto no que Galicia segue a ser a comunidade coa taxa máis baixa.

Aínda así CCOO quere facer fíncapé en que deberan terse convocado un maior número de prazas para así poder acadar o obxectivo de redución da temporalidade á contorna do 5% tal e como se establece no Acordo de Acceso ás listas asinado por CCOO.  Ademais, botamos en falta que non haxa oferta en determinadas especialidades que levan moitos anos sen convocarse, especialmente en corpos nos que leva sen haber oferta máis de 10 anos como nalgunhas especialidades do corpo de música e artes escénicas e no de artes plásticas e deseño.

OFERTA EMPREGO PÚBLICO 2019

TAXA DE REPOSICIÓN

1122

ESTABILIZACIÓN EMPREGO

666

PROMOCIÓN INTERNA

276

TOTAL

2064

DISTRIBUCIÓN POR CORPOS INGRESO LIBRE

PES

834

PTFP

138

PROF. EOI

30

PROF. MUSICA E AAEE

16

MESTRES

770

TOTAL

1788