Grazas ao acordo asinado por CCOO elimínase o desconto por baixa dende o 1 de xaneiro

Tal e como se recollía no acordo pola mellora de emprego público que asinou o pasado 9 de marzo de 2018 CCOO, todas as empregadas e empregados públicos non terán ningún desconto na súa nómina cando se atopen de baixa. 

Ata este momento, cando unha traballadora ou traballador público estaba de baixa, que non fose derivada do embarazo ou xerada por intervención cirúrxica ou hospitalización, tiña un recorte na súa nómina o primeiro mes que estivese de baixa correspondente a este cadro:

Grazas a este acordo, este desconto elimínase, poñendo cordura a unha situación de absoluta inxustiza, xa que penalizaban ao persoal ao servizo das administracións públicas por enfermar.

Isto vén recollido na LEI 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas do DOG do Venres, 28 de decembro de 2018. (PREME PARA ACCEDER AO DOG):

  • "Ademais, en aplicación da disposición adicional quincuaxésimo cuarta da Lei 6/2018,do 3 de xullo, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018, dáse nova redacción aonúmero 3 do artigo 146 da Lei 2/2015, do 19 de abril, co fin de eliminar as restricións retri- butivas derivadas das situacións de incapacidade temporal e da expedición de licenza porenfermidade, o que determina, así mesmo, a derrogación do artigo 2 da Lei 1/2012, do 29de febreiro, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público da Co-munidade Autónoma de Galicia, tal e como se recolle na disposición derrogatoria."

A Federación de ensino de CCOO de Galicia, seguirá a traballar para chegar a acordos coas diferentes administracións para mellorar as nosas condicións laborais e salariais, facendo fincapé en que cando se chegan a acordos, se conseguen melloras, labor, ao fin e ao cabo, das e dos representantes sindicais.