O Real Decreto 24/2018 do 21 de decembro confirma os incrementos salariais previstos para 2019

Dita disposición, pola que se aproban medidas urxentes en materia de retribucións no ámbito do sector público, recolle os incrementos para 2019 dos módulos económicos dos centros educativos concertados. Tal e como xa avanzamos nun comunicado anterior, devanditos incrementos sobre as retribucións dos traballadores e traballadoras de ensínanaza concertada son consecuencia directa do acordo que CCOO asinou en marzo de 2018 no ámbito da Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas, na que non están presentes nin FSIE nin USO. Os diferentes acordos sobre  analogía retributiva que CCOO foi subscribindo permiten que se trasladen de maneira automática ao sector todos aqueles aumentos que se asinan no ámbito do ensino público.

 

RETRIBUCIÓNS 2019

 

• Incremento do 0,125% como factor corrector de equiparación co funcionariado. Este colectivo acabou 2018 cun 1,75% de subida e o profesorado de concertada co 1,625%.

• Incremento fixo dun 2,25%.

  • Regúlase un incremento retributivo adicional do 0,25% para un crecemento do PIB igual ou superior ao 2,5%.

 

MÍNIMO GARANTIDO: 2,375%.

 

Una vez publicados los nuevos módulos económicos, desde CCOO solicitaremos la convocatoria de las Comisiones Negociadoras de la enseñanza concertada ordinaria y de educación especial para proceder a la firma de las correspondientes tablas salariales. 

 

Comparte o que pensas