CCOO asina un acordo historico na administración xeral da Xunta de Galicia

No acordo tamén se contempla o incremento da promoción interna separada, e a execución de procesos de funcionarización para o período 2018-2020, así como a posta en marcha da carreira profesional extraordinaria para o persoal funcionario de carreira e laboral fixo (I e II grao) e a ordinaria, tamén para o persoal interino e temporal. 

Isto foi posible por dúas razóns: 

1ª.-  O II acordo de emprego estatal para o período 2018-2020, recolle incrementos salariais, estabilización de emprego para substituír emprego precario por emprego fixo e estable ata reducir a taxa de temporalidade ao 7%, o fomento da promoción interna, a recuperación do 100% no caso de IT e a recuperación da negociación colectiva que posibilitou, entre outros este mesmo acordo. 

2ª.-  O persoal da Administración xeral (persoal funcionario e laboral), eran os únicos que faltaban para ter un acordo retributivo propio en Galicia (cabe lembrar que o anterior e único acordo retributivo propio en Galicia, data do período 2006-2009). 

O II acordo estatal asinado entre outros por CCOO, foi unha ferramenta necesaria para abrir esta negociación. 

As reiteradas denuncias e mobilizacións contra a discriminación a que parecía abocado o persoal funcionario e laboral, fixo o resto porque era o único colectivo que quedaba sen acordo específico en Galicia.

Este non é o acordo ideal, pero é un bo acordo, desde logo e o mellor dadas as circunstancias e moito mellor que o que outros ofrecen.

Por último, esta negociación non rematou, creouse unha comisión de seguimento para seguir avanzado na recuperación do arrebatado.