Xuntanza Comisión de Persoal do 27 de decembro de 2018

O 27 de decembro de 2018 celebrouse a reunión da Comisión de Persoal na que se trataron os seguintes temas:

1.- Proposta de modificación da RPT da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, AAPP e Xustiza.

Dende CCOO aceptamos que se tramitase esta pequena modificación de dous postos (unha praza de subalterno e unha praza de conductor) para corrixir os erros producidos na anterior modificación. Como se trataba de simples correccións manifestamos que non era preciso votar.

2.- Proposta de modificación da RPT da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Neste caso tratábase dunha modificación dunha xefatura de servizo, onde se propoñia pasala de xeral a xeral/docente e de adscripción A11 a A17 (adscripción indistinta a funcionarios/as da Xunta de Galicia, Estado, CCAA e persoal docente con destino na CCAA de Galicia). Desde CCOO aínda que se trata dunha cuestión puntual, non podemos estar de acordo cos cambios que se propoñen e en consecuencia VOTAMOS EN CONTRA.

3.- Proposta de modificación da RPT da Consellería de Cultura e Turismo

Nesta proposta de modificación solicitamos na xuntanza da mesa xeral a súa retirada, porque non se trata simplemente de cuestións técnicas ou puntuais, senon que afectaba a 5 postos do grupo A1, que se creaban con nivel mínimo e co requisito de conducción sen negociación previa e sen un mínimo de consenso. Pero a mais nesta consellería chove sobre mollado pois levamos anos sen negociación colectiva con eivas tan importantes como a falta de persoal nas bibliotecas, museos e arquivos, co incumprimento de adaptar as RPTs as sentenzas firmes, con constantes privatizacións e externalizacións de servizos estructurais que deben ser prestados por empregados públicos/as (último exemplo a privatización do Museo do Viño de Galicia). Con estes antecedentes non se pode pretender traer esta proposta un 26 de decembro para que lle deamos o visto bo o día 27.En consecuencia VOTAMOS EN CONTRA desta proposta, porque hai outras prioridades para o persoal pendentes de atender.

4.- Proposta de acordo para o desenvolvemento das OPEs, para a funcionarización do persoal laboral fixo, para a mellora do emprego público e carreira profesional

a) Desenvolvemento das OPEs: esiximos a convocatoria do concurso de traslados de corpos xerais antes de rematar o mes de marzo con modificación da RPT de Medio Rural ou sin ela, así como cuantificar as prazas do SPDCIF a convocar no ano 2019 (as acumuladas de OPEs anteriores, as de estabilización, as de indefinidos non fixos, e as dos anteriores ao ano 2005).

b) Funcionarización: vai consistir nunha simple proba cun temario e unha batería de preguntas previamente publicadas, así como a garantía do mantemento das actuáis retribucións e tamén das funcións que se viñan desempeñando para o persoal que opte voluntariamente e a valoración de tódolos servizos prestados como persoal laboral a todolos efectos. Mellora do emprego público: os procesos serán con carácter xeral por concurso-oposición, con probas tipo test, reducción de temarios e reducción de probas. A promoción interna separada terá como mínimo un 40% de prazas, en relación as de acceso libre

c) Carreira profesional: reducironse os prazos de 9 a 5 anos para conseguir o grao I e II, polo sistema excepcional, para os grupos B, C1, C2 e AP, e reducironse os prazos de 9 a 7 anos para os grupos A1 e A2. Entran na carreira polo sistema excepcional o persoal laboral fixo que estaba fora. E tamén se inclue o persoal interino e temporal na carreira ordinaria, que inicialmente tamén quedaban fora. Tamén se inclue un complemento equivalente para aqueles laboráis fixos que non poidan optar a carreira. Por último os efectos económicos dos que cumpran os requisitos do sistema excepcional serán para todos/as desde o 1 de xaneiro de 2019.

Como é obvio houbésenos gustado que esta negociación tivese máis tempo ou se dese noutras datas, pero o que importa en definitiva é que a proposta inicial da Administración non se parece en nada a que vimos de acordar, por tanto CCOO VOTOU A FAVOR e asinará estes acordos cando proceda, porque son unha mellora indiscutible para o persoal funcionario e laboral dependente da Dirección Xeral de Función Pública.