Impugnación X Convenio

O xuízo que se debía celebrar pasado 12 de decembro en relación coa impugnación do Convenio, adíase á espera de que CCOO redacte unha nova demanda.

‌  VER INFÓRMATE

Nun intento de paralizar a acción xudicial, o resto de organizacións sindicais e patronais acordaron, un día antes da data fixada para a celebración do xuízo, unha nova redacción dos artigos impugnados por CCOOe rexistrárona esa mesma tarde.

Ao se modificar o texto dos artigos obxecto de impugnación, a xuíza decidiu darnos catro días para redactar unha nova demanda, prevendo a celebración do novo xuízo o próximo mes de febreiro.

CCOOsegue adiante coa impugnación do X Convenio, ao considerar que algúns dos seus artigos seguen vulnerando a lexislación vixente en materia laboral. A presión xurídica exercida polo noso sindicato comezou a dar froitos, se ben os artigos 17 e 54 seguen pendentes dunha correcta regulación:

  • O artigo 17 do convenio, ao regular o contrato de obra e servizo, establece unha relación de tarefas que se poderán cubrir coa dita modalidade contractual; vulnérase así o artigo 15 do Estatuto dos Traballadores, ao incluír na enumeración traballos que carecen de substantividade propia dentro da actividade dos empregados e empregadas do sector.
  • O artigo 73, de inaplicación salarial por descenso de alumnado, permite que aqueles centros con perda de matrícula respecto ao ano anterior poidan deixar de aboar os incrementos salariais pactados. Desde CCOOconsideramos que este novo suposto se sitúa á marxe das previsións legais, xa que unha redución de estudantes nun centro formativo non necesariamente ten correlación sobre a súa conta de resultados.

O resto de artigos impugnados foron modificados atendendo aos argumentos expostos por CCOO na súa demanda. Entre eles, o máis relevante é o que regulaba a excedencia voluntaria:

  • En relación coa excedencia voluntaria, o novo artigo 54 do convenio elimina a redacción que obrigaba a iniciar o seu aproveitamento en xullo ou agosto:

«Deberá solicitala por escrito con, polo menos, 15 días de antelación. De ser concedida, empezará a gozarse dentro dos meses de xullo e agosto, salvo acordo en contrario».

Desde CCOOseguiremos vixilantes e non dubidaremos en exercer cantas accións sexan necesarias en defensa dos dereitos laborais dos traballadores e traballadoras do sector.

Comparte o que pensas