CCOO ensino, o sindicato que consegue un maior incremento de delegadas/os nas eleccións do 4 de decembro

Nas eleccións sindicais celebradas onte no ensino galego  quedou reflexado de xeito claro a gran mellora de CCOO con respecto ás eleccións de 2014. O sindicato pasa de 22 a 28 delegadas e delegados o que supón consolidar o segundo lugar e mellorar a representación nos catro órganos provincias aos que se presentaba. Na provincia de Ourense, gaña as eleccións con 8 delegadas e delegados e máis de 700 votos. Na provincia de A Coruña aumenta dous delegadas e delegados, na de Pontevedra tres e na de Lugo un. É o sindicato que máis medra de todos os que se presentaron nas eleccións.

CCOO-ensino quere agradecer á súa afiliación e ao conxunto das e dos votantes o apoio depositado nestas eleccións que non fan máis que reforzar o modelo de sindicalismo útil e efectivo que ten como obxectivos fundamentais acadar melloras para as e os docentes galegos e a defensa dun ensino público de calidade.

 

CCOO

CIG

UGT

ANPE

CSIF

STEG

USDG

A CORUÑA

9

21

3

5

3

4

0

LUGO

3

10

2

5

4

3

0

OURENSE

8

7

3

4

3

2

0

PONTEVEDRA

8

22

6

4

0

3

0

TOTAL GALICIA

28

60

14

18

10

12

0

 

 COMPARATIVA COAS ELECCIÓNS ANTERIORES DE 2014:

 

CCOO

CIG

UGT

ANPE

CSIF

STEG

USDG

2014

22

63

15

17

9

13

NON SE PRESENTOU

2018

28

60

14

18

10

12

0

DIFERENZA

+6

-3

-1

+1

+1

-1

-

Comparte o que pensas