1D: DÍA INTERNACIONAL DA LOITA CONTRA O VIH

+ EDUCACIÓN, + PREVENCIÓN, - DISCRIMINACIÓN. CADA PERSOA CONTA!

ver MANIFESTO

LIGAZÓN Á CAMPAÑA . YO TRABAJO EN POSITIVO

1 DECEMBRO - DÍA INTERNACIONAL CONTRA O  VIH 

 

Con motivo da celebración do Día Mundial do  VIH-Sida 2018, CCOO-ENSINO reivindica o compromiso social e político de loitar contra a discriminación laboral e social que sofren as persoas  seropositivas no noso país. 

 

Segundo as cifras oficiais do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, ata o 30 de xuño de 2018 recibiuse a notificación de 571 casos novos diagnosticados en 2017 en España, unhas 2 persoas de cada mil habitantes.

 

A taxa global de novos diagnósticos de VIH en España está en niveis similares aos doutros países da Rexión Europea da OMS.

 

Parécenos preocupante a cifra de novos contaxios no Estado, sobre todo entre os homes que manteñen relacións sexuais con homes, representando preto do 80% nunha franxa de idade de entre os 35 e 50 anos. O que nos indica a necesidade de potenciar unha boa educación sexual nos centros educativos. 

 

O número de casos notificados polas Comunidades Autónomas entre 2009 e 2017 foi de 29.870 de onde se observa un descenso progresivo da porcentaxe que supoñen as mulleres, desde o 19,8% en 2009 ao 15% en 2017. 

 

CCOO-Ensino pon énfase na situación que sofren as mulleres vítimas de agresións no mundo enteiro e a estreita relación co aumento de infeccións por  VIH-SIDA. 

 

Aínda que en xeral, as infeccións e mortes pola SIDA no mundo proseguiron a súa liña descendente en 2018, a erradicación desta epidemia non será posible ata que as mulleres deixen de ser vítimas de agresións machistas e en particular de violacións. En palabras de Michel  Sidibé director executivo de  ONUSIDA . “Non poderemos vencer a esta epidemia se unha de cada tres mulleres segue sendo vítima de violencia física e sexual no mundo.”

 

A infección por  VIH  é unha infección que se transmite maioritariamente por vía sexual. Por iso, sen descoidar outras formas de transmisión, é necesario implantar e reforzar as actuacións eficaces para evitar a transmisión por esta vía. 

 

Desde CCOO-Ensino insistimos na importancia de introducir contidos curriculares de educación sexual na educación obrigatoria. De vital importancia abordar estas cuestións entre o noso alumnado que contribúa a favorecer unha educación na igualdade, o respecto e a vivencia plena. 

 

Unha persoa VIH positiva ten dereito a coidados médicos, confidencialidade, a non ser discriminada nin social nin laboralmente e a ser tratada de forma igualitaria calquera que sexan as súas circunstancias. 

 

Por todo isto ESIXIMOS

 

  • Que desde as administracións públicas se fomente a igualdade de trato e de oportunidades das persoas con infección por  VIH.

 

  • Que se invistan recursos nos centros educativos para concienciar e desenvolver currículos referentes a sexualidades que axuden a previr condutas de risco nos adolescentes. 

 

  • Incorporar estratexias curriculares que aborden as diversidades en todas as etapas educativas e favorezan a vivencia dunha sexualidade plena, sen riscos e con aceptación. 

 

  • A promoción en todos os niveis educativos, sociais e laborais dunhas relacións humanas baseadas na corresponsabilidade en todos os niveis. 

 

  • Aumentar a dotación económica de subvencións para programas de VIH e SIDA, así como garantir os recursos económicos das persoas afectadas e a súa inserción social e laboral. 

Comparte o que pensas