A XESTIÓN CAÓTICA DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN DEIXA SEN CAFETERÍA A CENTROS PÚBLICOS DA PROVINCIA DE OURENSE

Sete centros públicos desta provincia levan dende o comezo do curso sen a concesión do servizo de cafetería debido a falta de previsión na aplicación da nova lei de contratos do sector público.

CCOO Ensino denuncia que a día 20/11 /2018, máis de dous meses despois do inicio das actividades lectivas, sete centros educativos públicos de ESO, Bacharelato e ciclos Formativos da provincia de Ourense atópanse aínda coa súa cafetería clausurada dende finais do curso pasado:

Catro da cidade de Ourense: CIFP A Farixa, IES Eduardo Blanco Amor, IES Julio Prieto Nerspereira e IES Universidade Laboral, IES San Mamede de Maceda, IES de Vilamarín IES Xesús Taboada Chivite de Verín
Outros centros da provincia sufriron o peche ata ben entrado novembro, como o IES No1 de O Carballiño.

CCOO Ensino considera inadmisible que a Consellería de Educación sacara a concurso as concesións das cafeterías dos centros educativos no mes de xullo, catro meses despois da entrada en vigor da lei de contratos do sector público e oito meses dende a súa publicación no BOE. Estas actuacións non fan mais que poñer de manifesto a nula xestión e previsión por parte da administración.

CCOO Ensino insta a administración a solucionar de maneira inmediata este problema que está a afectar a toda a comunidade educativa dos centros que actualmente están privados deste servizo.

 VER NOTA DE PRENSA 

Comparte o que pensas