PRAZAS DE AL E PT COMPARTIDAS

No Concurso Xeral de Traslados (CXT) 2018 aparecen 135 novas prazas de AL (107) e PT (28). Estas prazas aparecen publicadas na Orde de 16 de xullo de 2018 pola que se modifican as unidades e postos de traballo docentes dos centros públicos nos niveis de educación infantil, educación primaria e educación especial (DOG 30/07/2018) 

CCOO valora positivamente a conversión en estables destas 135 prazas que xa viñan funcionando os últimos anos tal e como viñamos demandando dende hai tempo. Lamentamos que todas elas aparezan como compartidas cando en moitos casos estaban a funcionar a tempo completo nun só centro mentres foron asignadas ao profesorado provisional e seguimos demandando a incorporación do resto das prazas que están a ofertarse ano tras ano no CADP.

Estas prazas polo seu carácter de compartidas son prazas itinerantes, e polo tanto de adxudicación voluntaria.  O profesorado debe saber que a Consellería admite que o posto de traballo pode ser nun só centro cando se xere horario completo no mesmo. É inadmisible que non se anuncie con que centros se vai a compartir en caso de necesidade e que esta decisión quede nas mans da inspección. Loitaremso por que todas as prazas sexan a tempo completo nun só centro caso a caso.

As prazas son as seguintes: