XUNTANZA DIRECCIÓN XERAL FUNCIÓN PÚBLICA (26 outubro 2018)

O venres 26 de outubro tivo lugar unha xuntanza entre a DXFP e as organización sindicais, para tratar os seguintes temas: 

1.- Capitulo I e lei de medidas fiscais. 

De momento a admiración non asumiu ningunha proposta de CCOO que afecta as modificacións da lei do emprego público de Galicia, mais alo da incorporación do acordado en Madrid, sobre salarios e IT. 

Pero seguen sen desenvolverse o resto de cuestións, como a reducción de xornada, a bolsa de horas do 5% acumulables para conciliación, procesos de estabilización, 100% de reposición, mais un 108% adicional, e demais cuestións que permite o acordo, grazas a que se levantou o veto da negociación colectiva.. 

Desde CCOO, seguimos reivindicando a derrogación de toda a lei 1/2012, para recuperar os dereitos arrebatados, a devolución do recortado nas pagas extras desde 2013 a 2016, o fondo de acción social, así como o levantamento da suspensión do artigo 19 do V Convenio Unico, entre outros dereitos económicos e sociais recortados. Abren un novo prazo de alegacións ata o 6 de novembro. 

2.- Decreto de provisión de postos (mobilidade). 

Sobre este tema a administración non recolleu ningunha alegación, polo que: 

  • Os concursos ordinarios seguirán eternizándose
  • Os concursos específicos pretenden que sexan unhas LDs encubertas, sen
    trasparencia e sen participación sindical.
  • As LDs seguen sen ningún acoutamente a pesar de recentes sentenzas que
    condenan a C. de Sanidade polo abuso das mesmas.
  • Manteñen as comisións de servizo tal cual, polo que se seguirán producindo o
    chamado encadeamento de comsións de servizo.

Abren un novo prazo de alegacións ata o día 8 de novembro.

3:- Modificación decreto de listas. 

Presentaron unha proposta que non recolle ningunha das cuestións fundamentais que temos presentado, en anteriores documentos, como racionalización dos ámbitos, etc…. Abren un prazo de alegacións ata o día 8 de novembro. 

4.- Carreira profesional. 

Sen avances respecto a proposta que presentaron o 8 de agosto, onde se sigue excluindo ao persoal laboral, se establecen prazos moi longos (ata o ano 2027) polo que a carreira só lle afectaría a unhos poucos, pois deixan fora aos que acaban de entrar, deixan fora aos que están a poucos anos de xubilarse e as cantidades non son homoxeneas entre os distintos grupos, polo que incrementan ainda mais a diferenzas. 

A esixencia de CCOO foi que debe haber unha carreira extraordinaria para os graos I e II, que afecte a todolos empregados públicos, que se teñen que acurtar os prazos e que as cantidades sexan mais homoxeneas entre os grupos A1/I e a Agrupación Profesional/V. 

5.- Proceso de Funcionarización. 

Entregaron un documento listado de encadramento das categorías do persoal laboral nas distintas escalas, que a simple vista xa se aprecia que ten algún erro. 

Curiosamente non entregaron o borrador de decreto de funcionarización. 

Desde CCOO consideramos que esta forma de negociar todos os temas de presa e a vez non contribue a que haxa unha verdadeira negociación, polo que o prazo dato ata o día 15 de novembro, para ter pechado todo o que afecta a orzamentos e lei de medidas fiscais, será a todas luces unha vez mais insuficiente, especialmente si non se avanza nun acordo retributivo (carreira profesional) para o persoal dependente da DXFP, como tiveron os demais colectivos (xustiza, SERGAS, Educación e AAFFMM).