A Conselleira anuncia en sede parlamentar unha convocatoria de Oposicións similar á do curso pasado

Esta convocatoria ven motivada polo Acordo de Emprego asinado por CCOO o curso pasado

A Conselleira anunciou onte en sede parlamentar que a OPE deste curso será similar á do curso pasado. Ademais anunciou as especialidades que serían obxecto da mesma. Debemos lembrar que esta OPE é consecuencia do acordo de emprego asinado por CCOO e que permitirá reducir a taxa de temporalidade ata o 5%.
Temos que criticar que a pesar da nova conselleira seguense a manter as actitudes habituais ao anunciar na sede parlamentar e aos medios as especialidades da OPE antes que aos representantes do profesorado, obviando as mesas de negociación.

CORPO DE MESTRES: Infantil, inglés, francés, educación física, música, pedagoxía terapéutica, audición e linguaxe e primaria.
CORPO DE PES : Filosofía, lingua castelá, xeografía e historia, matemáticas, física e química, bioloxía e xeoloxía, francés, inglés, educación física, tecnoloxía, lingua galega, economía, administración de empresas, formación e orientación laboral, informática, organización e procesos de mantemento de vehículos, organización e proxectos de fabricación mecánica, procesos na industria alimentaria, sistemas electrónicos e informática.
CORPO DE PTFP : Instalacións electrotécnicas, mantemento de vehículos, mecanizado e mantemento de máquinas, perrucaría e procesos de xestión administrativa.
CORPO DE PROFESORADO DE MÚSICA E A.E. : Piano e linguaxe musical.
CORPO DE PROFESORADO DE EOI : Inglés.

Comparte o que pensas