Convocatoria do curso de formación sobre o desenvolvemento da función directiva no ano 2018 que acredite para o acceso a postos de dirección en centros docentes

A Consellaría oferta 150 prazas para toda a Comunidade Autónoma, aínda que se poderán ampliar de existir máis demanda entre o profesorado que cumple os requisitos para exercer a dirección de centros no vindeiro curso académico.

Provincia

Prazas

A Coruña

50

Lugo

25

Ourense

25

Pontevedra

50

Total

150

 

Poderá solicitalo todo o persoal funcionario dos centros docentes públicos que impartan as ensinanzas reguladas pola Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación: o persoal funcionario de carreira terá prioridade na selección.

A inscrición e xestión realizarase a través da aplicación FProfe: https://www.edu.xunta.es/fprofe, e o prazo para facelo será do 30 de outubro ao 13 de novembro