INCREMENTO RETRIBUTIVO TAMÉN PARA O PROFESORADO DA CONCERTADA

A comezo de curso CCOO esixímoslle a Administración que se lle aplicase ao profesorado da concertada os mesmos incrementos salariais aplicados aos nosos compañeiros do ensino público.

No día de hoxe, na Mesa da Tripartita do ensino concertado, a maioría das OOSS, patronais e Consellería asinamos dito incremento para o profesorado de concertada.

DATA DE EFECTIVIDADE

INCREMENTO MENSUAL

01.10.2018

15 €

01.01.2019

20 €

01.01.2020

25 €

01.01.2021

30 €

TOTAL

90 €

 

Queremos salientar que este incremento non supon avanzar na homologación, so serve para que non aumente a distancia salarial entre as dúas redes. Polo tanto, para CCOO, este incremento non cancela nin apraza o resto das demandas que levamos reivindicando dende hai anos.

Tal como trasladamos na mesa tripartita de hoxe, esiximos:

  • Supresión na lei de orzamentos da clausula que impide chegar a acordos.
  • Negociar un Acordo de Mantemento de Emprego antes de xullo de 2019.
  • Redución da xornada lectiva do profesorado de secundaria a 24h.
  • Acordo do aboamento da Paga de Antigüidade nun calendario que acordemos.
  • Reposición progresiva dos acordos do 2008 (45 € e 2% CRA).
  • Acordo para implantación progresiva de sexenios na concertada.
  • Acadar antes do 2022 a homologación o 100%.
  • Pago das Xefaturas de departamento, Coordinacións e Coordinadores de EDNL.
  • Acordos para garantir o mantemento do acceso a xubilación parcial.
  • Equiparación dos pèrmisos de paternidade e maternidade, etc 

 

DADA A NULA DISPOSICÓN DESTA CONSELLERÍA A ATENDER O RESTO DAS NOSAS DEMANDAS, VEMOS MÁIS NECESARIO QUE NUNCA IR A UN ESCENARIO DE MOBILIZACIÓNS.