MESA XERAL FUNCIÓN PÚBLICA

O mércores 17 de outubro tivo lugar a xuntaza da mexa xeral de empregados públicos, onde a administración informou da incorporación no capitulo I dos orzamentos de Galicia dos acordos de Madrid suscritos por CCOO e outros sindicatos. 

Polo tanto a partir do 1 de xaneiro do 2019 quedaría derogado o artigo 2 da Lei 1/2012 que penalizaba a incapacidade laboral e polo tanto a partir desa data se percibirá o 100% da IT. 

E que tamén a partir do 1 da xaneiro, as retribucións incrementaranse nun 2,25% en nun 0,25% adicional a partir de xullo, mais os fondos necesarios, para dar cumpirmento aos acordos acadados nas distintas mesas sectoriais (Xustiza, SERGAS, Educación e Axentes Facultativos Medioambientais). 

Desde CCOO, emprazamos a administración a negociar o desenvolvemento do resto de cuestións que permite o ACORDO de Madrid, tales como o referido a reducción da xornada ata baixala as 35 horas, proba delo é que hai comunidades autónomas que xa as teñen, a bolsa de horas do 5% acumulables para conciliación, demais cuestións que permite o acordo grazas a que se levantou o veto da negociación colectiva.. 

Desde CCOO, seguimos reivindicando a derrogación de toda a lei 1/2012, para recuperar os dereitos arrebatados, a devolución do recortado nas pagas extras desde 2013 a 2016, o fondo de acción social, así como o levantamento da suspensión do artigo 19 do V Convenio Unico, entre outros dereitos económicos e sociais recortados. 

Tamán desde CCOO esiximos que na previsión de gasto do ano 2019 se contemplasen os fondos necesarios para chegar a un acordo económico para o persoal funcionario e laboral, que agora mesmo é o único colectivo discriminado, porque a administración non facilitou a negociación dun acordo propio. 

Para CCOO ese posible acordo ou carreira profesional, ten que recoller as seguintes premisas: afectar ao persoal funcionario e laboral, elevar as cantidades mínimas e homoxenizalas no resto dos grupos, e reducir os prazos (grao I extraordinario en tres anos e o grao II extraordinario en catro anos). 

O DXFP recolleu o guante e abriu un prazo de negociación ata o 15 de novembro, onde se poderan tratar tanto as modificacións ao capitulo I, as modificacións a lei de emprego, a reducción da xornada para colectivos con quendas, nocturnidade ou penosidade, a dotación do 5% para conciliación, así como remitir unha nova proposta de carreira profesional. Toca agardar que neste prazo haxa vontade negociadora real por parte da administración e academos un acordo satisfactorio de carreira para o persoal funcionario e laboral e non quedemos como o colectivo sen mellora económica, mais aló do que ven con caracter xeral para todos/as dos acordos de Madrid.