7 OUTUBRO: XORNADA MUNDIAL POLO TRABALLO DECENTE

ver MANIFESTO

ver VIDEO

O 7 de outubro celébrase o 11 aniversario da Xornada Mundial polo Traballo Decente, este ano baixo o lema «Cambiar as regras».

CCOO xunto a centos de sindicatos e millóns de traballadores e traballadoras de todo o mundo, volvemos reivindicar, durante esta xornada de mobilización, que o traballo decente sexa unha realidade.

Para iso cómpre que as regras impostas polo neoliberalismo ao sistema económico mundial cambien, pois son profundamente inxustas, porque xeran maiores e novas desigualdades, porque atacan a democracia e atentan contra os dereitos laborais en gran parte do mundo.

Deben abolirse as reformas laborais que condenan a millóns de traballadores e traballadoras á precariedade, a inseguridade e a unha nova pobreza.

Para CCOO, «cambiar as regras» para facer realidade o traballodecente supón:

— Emprego de calidade para todos e todas.

— Salarios dignos. 

— Condicións de traballo xustas.

— Ningún contrato público sen cláusulas sociais.

— Protección social e un sistema público de pensións forte e sostible.

— Ningún tipo de discriminación no traballo. Acabar coas fendas de xénero.