Toda a información sobre a sentenza do Tribunal Supremo, pola que se dictamina que as prestacións por maternidade están exentas de tributar o IRPF

Mentres tanto, irémosvos informando das novidades que se vaian producindo e a continuación, pretendemos aclarar certas cuestións:

  •  Quen pode reclamar?

Quen percibiu ou está a percibir a “prestación por maternidade” recoñecida pola Seguridade Social. 

As funcionarias de carreira pertencentes a MUFACE, non son beneficiarias da “prestación por maternidade” xa que este períodoh ten a consideración de “permiso retribuído”. De facerse esta interpretación, estaríamos ante un trato discriminatorio. CCOO xa elevou a consulta para que aclare esta situación á propia Axencia Tributaria. Recomendamos esperar a ver se nos vindeiros días hai aclaracións ao respecto.

 

  • Dende cando se pode reclamar?

O período de prescripción é de 4 anos (artigo 67 LXT) Por tanto pode reclamar quen percibira a prestación por maternidade no ano 2014 e posteriores.

Pero tamén poden reclamarse a devolución das contías referidas a períodos anteriores a 2014, cando xa foran reclamadas e estean en trámite de resolución administrativa ou xudicial.

Quen está a percibir a prestación por maternidade actualmente deixan de estar obrigados a tributar o IRPF pola mesma. A Seguridade Social deixará de practicar esta retención nas vindeiras nóminas. Ademais deberase reclamar á Axencia Tributaria a devolución das retencións xa practicadas con anterioridade ou, no seu caso, que regularicer o imposto na declaración tributaria anual de acordo coa sentenza.

Se o neno ou a nena naceu no último trimestre do ano a reclamación afecta a dous exercicios fiscais distintos, polo que habería que reclamar os dous períodos fiscais.

Pero debemos esperar a ver se a Administración habilita algunha fórmula de reclamación máis sinxela e áxil.

 

  •  Prestacións por paternidade

A Sentenza non analiza o tratamento fiscal das prestación por paternidade. Agora ben, esta é una prestación da mesma natureza que a de maternidade (prestación pública por “nacemento, parto ou adopción”). Haberá que esperar a ver se a Axencia Tributaria aplica este criterio ou lle da un tratamento fiscal distinto á prestación por paternidade. 

 

  • Procedemento no caso de reclamación ante a Axencia tributaria

Está regulado polo Regulamento xeral de desenvolvemento da Lei 58/ 2003, de 17 de decembro, Xeral tributaria, en materia de revisión en vía administrativa.

  1. Hai que solicitar á Administración de Facenda a devolución das contías indebidamente retidas, ou satisfeitas mediante o procedemento de devolución de ingresos indebidos, ou instando a rectificación da autoliquidación pola que se realizara o ingreso indebido.
  2. A Administración notificaría a proposta de resolución e daría un prazo de 10 días para presentar alegacións. Se a resolución é favorable deberán aboarse os intereses correspondentes. (É PRACTICAMENTE SEGURO QUE LOGO DA SENTANZA DO TS, A RESPOSTA SEXA POSITIVA)
  3. Se a Resolución é negativa habería que recorrer á vía do Tribunal Económico-administrativo e una vez esgotada esta, quedaría a vía da Xurisdición contencioso-administrativa.

Comparte o que pensas