CCOO denuncia no Consello Escolar do Estado a falta de vontade para reverter os recortes educativos con carácter inmediato

Despois do plenario do Consello Escolar do Estado, no que se aprobou o ditame sobre a redución e homoxeneización da xornada lectiva, a Federación de Ensino de Comisións Obreiras denunciou a falta de vontade do Goberno para a reversión inmediata dos recortes.

CCOO xa denunciou ante a Audiencia Nacional o Real Decreto 14/2012 –orixe destes recortes–, así como, agora, presentou emendas ao Anteproxecto de Lei do novo Goberno de Pedro Sánchez. Nelas manifesta que, aínda que é unha boa nova a reversión dos recortes, a medida é claramente insuficiente porque:

  • O Goberno non garante, nin sequera, que a data de reversión dos recortes sexa o próximo curso.
  • A nova norma non reverte con carácter básico os recortes.

En canto á regulación da xornada lectiva do profesorado, a Federación de Ensino de CCOO considera :

  • que débese estipular un máximo de 18 períodos lectivos semanais para o profesorado de Ensino Secundario, o Profesorado Técnico de Formación Profesional e o de Réxime Especial.
  • que debe regularse un máximo de 23 períodos lectivos por semana para os mestres e mestras de Educación Infantil e Primaria.
  • que a  xornada lectiva debe poder mellorarse mediante a negociación colectiva nas distintas comunidades autónomas.

CCOO lembra que o  RD 14/2012 empeorou a calidade educativa con carácter xeral, polo que reclama que a recuperación teña o mesmo carácter básico e inmediato. Non facelo así pon en evidencia a falta de vontade para reverter os recortes por parte do Goberno e dalgunhas das administracións educativas autonómicas. Así mesmo, Comisións Obreiras presentará un voto particular argumentando a posición e desacordo con todos estes aspectos.