As mobilizacións na ESAD de Galicia logran a restitución dunha parte do profesorado recortado

CCOO-Ensino convocou e apoiou á comunidade educativa da ESAD en todas as mobilizacións, que iniciaron o curso en pleno conflito na ESAD de Galicia , ( tres días de folga e concentracións en Vigo, Pontevedra e Compostela ), tras elas a administración rectifica e acepta algunhas das demandas da comunidade educativa da escola

Nunha xuntanza  celebrada o pasado venres entre a dirección do centro e unha delegación da Inspección Educativa acadáronse os seguintes compromisos: 

Incrementar o cadro de persoal do centro nunha praza e media. Unha de Dramaturxia e media de Espazo Escénico. Co que se restitúe parte do profesorado recortado neste curso

O recoñecemento das titorías docentes dentro do horario lectivo do profesorado cun mínimo de 3 horas. Esta figura aplicábase xa na escola por mor da medidición das ensinanzas en créditos ECTS , que contemplan non só a docencia directa senón tamén as actividades académicas complementarias, como titorías, especialmente necesarias nas ensinanzas que se insiren no Espazo Europeo de Educación Superior

A substitución dso inspector do centro con carácter inmediato para así favorecer a convivencia e o entendemento entre a a comunidade educativa e a administración . 

Se ben non se acadaron todos os obxectivos prantexados, hai que felicitarse polo compromiso da comunidade educativa da Escola e a súa combatividade.

CCOO-Ensino seguirá a reclamar para a escola un cadro de persoal axeitado ás necesidades do Espazo Europeo de Educación Superior e a integración destas ensinanzas no Sistema Universitario Galego, tal e como se lle transmitiu en numerosas ocasións á Consellería, e esperamos que a nova Conselleira inicie os pasos neste sentido.