ACORDO HOMOLOGACIÓN RETRIBUTIVA (publicación en DOG)

O acordo asinado por CCOO supón un aumento de 90 euros ao mes, que se empezará a facer efectivo na nómina de outubro e se completará ata o cen por cento nun prazo de pouco máis de dous anos.

 ACORDO PUBLICADO NO DOG

 

A calendarización do acordo queda da seguinte maneira:

CANTIDADE DATA EFECTIVIDADE
15€/mes 1 de outubro de 2018
20€/mes 1 de xaneiro de 2019
25€/mes 1 de xaneiro de 2020
30€/mes 1 de xaneiro de 2021
TOTAL  90€

 

CCOO-Ensino logra con este acordo acadar o sexto lugar do Estado no nivel retributivo, ao igual que se alcanzara cos acordos de 2003 e 2006. Ademáis o acordo incorpora unha cláusula de revisión, que permite volver a negociar as cantidades para percibir, se noutras comunidades autónomas se chega a acordos que fagan variar o noso posto na táboa, coa fin de estar sempre na parte alta da mesma.

Comparte o que pensas