CCOO ensino asina o acordo que incrementa en 1260 euros ao ano os salarios dos docentes en Galicia

Os docentes galegos verán incrementado o seu salario nunha contía de 1260 euros anuais, a razón de 90 euros ao mes en catorce pagas, unha suba retributiva que se empezará a aplicar este próximo outubro.

CCOO ensino, logo da consulta á súa afiliación os días 16 e 17 de xullo, na que o 80 % se mostrou a favor, asina o 3.º acordo de homologación salarial de Galicia. Cabe sinalar que esta cantidade percibirase nas 14 pagas, e non en 12 como así foron os anteriores acordos. 

A intención de CCOO-Ensino, dende o primeiro momento da negocición, foi acadar o sexto lugar do Estado no nivel retributivo, ao igual que se alcanzara cos acordos de 2003 e 2006. Tamén era imprescindible unha cláusula de revisión, que permita volver a negociar as cantidades para percibir, se noutras comunidades autónomas se chega a acordos que fagan variar o noso posto no ranking, co fin de estar sempre na parte alta da táboa.

A calendarización do acordo queda da seguinte maneira:

15 €/mes a partir do 1 de outubro de 2018
20 €/mes a partir do 1 de xaneiro de 2019
25 €/mes a partir do 1 de xaneiro do 2020
30 €/mes a partir do 1 de xaneiro do 2021
TOTAL 90 €/MES

 

INTERVENCIÓN LUZ LÓPEZ 3º ACORDO HOMOLOGACIÓN SALARIAL DE GALICIA (PARTE 1)

INTERVENCIÓN LÚZ LÓPEZ 3º ACORDO HOMOLOGACIÓN SALARIAL DE GALICIA (PARTE 2)

Comparte o que pensas