Prazo aberto para a elección de provincias e zonas nas substitucións

Dende o 16 de xullo e ata o 17 de agosto todo o persoal interino e substituto pode seleccionar provincias e zonas para realizar substitucións en www.edu.xunta.es/substitutos. Ollo coas confusións porque é algo distinto ao CADP, no que se piden interinidades. En caso de non ser adxudicada  unha interinidade quedas como substituto/a e respéctase a escolla de zona/provincia. Para restrinxir a concellos tense que estar nalgún dos supostos que marque o artigo 14 do Acordo de Acceso a listas de Interinidades. Lembrade ao escoller zona que nos concellos que se restrinxan teñen que existir as ensinanzas ás que se opta.

 ver ACORDO INTERINXS

 ver toda a información sobre o CADP