CCOO demanda ao Ministerio que aborde a negociación da modificación do sistema de acceso á función pública docente.

O desenvolvemento das probas do proceso selectivo de acceso á función pública docente poñen de manifesto que o actual sistema non é o acaído, xa que un número importante das prazas ofertadas vai quedar deserto.

O Acordo para a mellora do emprego público asinado por CCOO establece en Galicia o obxectivo da redución da temporalidade no sector docente a unha taxa máxima ao redor do 5%. Neste contexto pactouse unha gran oferta de emprego público para este ano.

Iniciado o proceso selectivo o 23 de xuñó, e tal e como advertiramos o actual sistema non garante que se faga efectivo o concurso-oposición , que é o establecido
pola lexislación vixente. CCOO xa advertira na Mesa Sectorial que o desenvolvemento normativo permitía a perversión do sistema e as notas da primeira proba que están a publicar os tribunais demostran que non estabamos equivocados.

CCOO insiste en que para garantir que se faga efectivo o concurso-oposición é imprescindibe que as distantas probas non sexan eliminatorias, de forma que todas as persoas aspirantes poidan acreditar a totalidade das competencias pedagóxicas e didácticas que corresponden á segunda proba.

Lamentablemente, CCOO denuncia que tribunais de diferentes especialidades sitúan o corte da primeira proba de forma que xa establecen nesta que van a deixar prazas sen cubrir, maioritariamente esta situación dase en especialidades de Formación Profesional que aproban na primeira proba a menos persoas que prazas ofertan, caso de Estética, Servizos de Restauración, Procedementos Sanitarios e Asistenciais, Procesos Sanitarios, Organización e Proxectos Enerxéticos, así como na especialidade de Francés no corpo de Mestres.

CCOO demanda do goberno que faga efectiva a PNL presentada en novembro de 2017 onde se recollían diversas medidas que solventarían esta problemática.