XV CONVENIO COLECTIVO DE CENTROS E SERVIZOS DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADE – Xuntanza do 9 de Xullo

O pasado 9 de xullo tivo lugar a VII reunión da Comisión Negociadora na que CCOO contribuíu dexeito decisivo a dar continuidade ao clima de diálogo do anterior encontro, onde se produciron importantes avances na recuperación de dereitos sociais, tales como:

  • Bolsa anual de 16h de permisos retribuídos.
  • Incapacidade temporal do 100% para as enfermidades graves recollidas nos Reais Decretos1148/2011 e  2210/1995.
  • Complemento do 100% para a primeira baixa do ano.
  • Obrigación de fixar o calendario laboral antes do15 de xaneiro de cada ano.
  • Clarificación do actual texto sobre o crédito horario dos delegados/as de prevención.

Tras meses nos que a negociación quedou estancada,o actual clima construtivo permítenos poñer enriba da mesa as nosas reivindicacións, pretensións e plantexamentos coa certeza de que non cairán en saco roto. Dende CCOO queremos destacar as seguintes cuestións xurdidas nas dúas últimas reunións e sobre as que existen coincidencias importantes:

  • Transformación do CDP. Existe unha visión compartida de que é necesario substituilo por un complemento ligado a formación que non estea  sometido a avaliación.
  • A partir do 01/01/2019 produciranse incrementos salariais significativos, superiores nas categorías profesionais con retribucións máis baixas.
  • Garantizarase a posible perda de poder adquisitivo no período 2019-2021 mediante a introducción dunha
  • Cláusula de revisión salarial do IPC acumulado máis un diferencial.

Do mesmo xeito seguimos traballando para atopar puntos de coincidencia en materia de xornada. Malia que actualmente as posicións están moi alonxadas, a persistencia mostrada por CCOO convértese na mellor virtude, manténdose o obxetivo prioritario da redución do cómputo anual.
Respecto dos centros educativos, CCOO voltamos a manifestar a necesidade de equiparar ao persoal complementario co persoal docente, así como a vontade de que as retribucións do persoal de administración e servizos non queden suxeitas aos incrementos dos módulos educativos e poidan crecer por enriba destes, dignificando deste xeito os seus salarios.