A Consellería comeza a envíar ás e aos docentes as dilixencias de recoñecemento como servizos prestados das vacacións xeradas por contratos temporais

CCOO-Ensino leva anos pelexando para que a Consellería recoñeza ao persoal temporal o tempo xerado por vacacións como tempo de servizos efectivo. CCOO consegue as primeiras sentenzas favorables a dito recoñecemento e abre un camiño do que agora outros queren apropiarse de xeito oportunista. Os ditames dos xuices obrigan á Consellería a abrir un proceso de recoñecemento deste tempo de servizos o que fai que desde a administración estéanse a enviar nestes días dilixencias nas que finalmente os recoñece de oficio. 

CCOO-Ensino lamenta que este proceso teña unha demora de un ano tras seres tratado na Mesa Sectorial en maio do ano pasado e que neste momento soamente sexa efectivo ao persoal opositor, que deste modo aumenta o tempo traballado no baremo dos procesos selectivos. Aínda así congratúlase de que por fin a Consellería comece a recoñecer de oficio este tempo ás traballadoras e traballadores temporais. Máis, tal e como xa plantexamos na Mesa Sectorial, o recoñecemento do tempo xerado por vacacións debera estenderse a todos os contratos temporais e non só a aqueles con posterioridade a outubro de 2001.

Compre que as traballadoras e traballadores verifiquen que as dilixencias que están a chegar están correctas e fagan a reclamación oportuna de non ser así, dado que o prazo para reclamar é moi exiguo

 CCOO-Ensino seguirá a loitar pola mellora das condicións laborais das e dos traballadores das e dos traballadores do ensino sen distingo do seu tipo de contrato.