A Federación de Ensino de CCOO celebra o 28 de xuño, Día do Orgullo LGTBIQ+, reivindicando contidos curriculares suficientemente flexibles e abertos que garantan unha educación na diversidade e a sexualidade.
Coincidindo coa conmemoración do Orgullo LGTBIQ o 28 de xuño,CCOO-Ensino insiste na necesidade de converter os entornos laborais en lugares seguros para todas as persoas e, en especial, para as personas trans e as mulleres trans, que, pese aos avances conseguidos, siguen véndose obrigadas a defender sistemáticamente o seu dereito á autodeterminación de xénero. A Organización Mundial da Saude eliminou a transexualidade do seu catálogo de enfermidades mentais. Porén, todavía segue considerandoa unha “incongruencia de xénero”.
CCOO defende os dereitos daquelas persoas que non cumpren coas expectativas sociais e cuxas interseccións dificultan una proposta de vida emancipada, libre e visible e teñen maiores dificultades no acceso ao mundo laboral.
No ámbito educativo, a Federación de Ensino loita para que traballadores e traballadoras e o alumnado vivan en liberdade o dereito a ser como mellor se sintan e reivindica sen descanso que os centros educativos teñen que ser espazos de liberdade individual e colectiva. Para facer isto posible, esixe contidos suficientemente flexibles e abertos que garantan unha educación na diversidade e a sexualidade que estea á altura de realidade do noso estudantado.