XV CONVENIO COLECTIVO DE CENTROS E SERVIZOS DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Transcorridos máis de tres meses dende a última reunión da Mesa Negociadora, periodo no que os traballadores e traballadoras do sector mobilizáronse en varias ocasións en defensa dun convenio digno, estamos en condicións de afirmar que a presión sindical exercida xerou os seus primeiros froitos.


E CCOO liderou desde o primeiro momento a resposta á inacción das organizacións patronais.


Na reunión do 27 de xuño a patronal maioritaria presentou a súa proposta salarial:

 

  • Redución dos niveis retributivos a seis ou sete grupos, aglutinando en cada un deles diferentes categorías profesionais.
  • Eliminación do Complemento de Desenvolvemento Profesional nos térmos actuais e substitución por un complemento suxeito á realización dun número de horas formativas anuais.

Dende CCOO valoramos positivamente tanto a supresión do CDP, que supón rematar coas avaliacións, como a proposta de simplificar os niveis retributivos, que coincide coa nosa formulación.

Doutra banda, as organizacións patronais atenderon as seguintes reivindicacións que CCOO suscitou na Mesa, empezando así a recuperación de dereitos:

  • Bolsa anual de 16h de permisos retribuidos para visitas médicas (propias e de familiares) e asistencia a titorías de fillos/as.
  • IT ao 100% para enfermidades graves recollidas nos Reais Decretos 1148/2011 e 2210/1995. A modo de exemplo, todas as enfermidades oncolóxicas quedarán cubertas en caso de baixa.
  • Complemento do 100% para a primeira baixa do ano e para o  resto segundo o convenio actual. Esta medida é independente da reflectida no punto anterior.
  • Obrigación de fixar o calendario laboral antes do 15 de xaneiro de cada ano.
  • O crédito horario dos delegados/as de prevención será independente do asignado á da  Representación Legal dos Traballadores, no caso de que se ostenten ambas responsabilidades de xeito simultánea. Clarifícase o actual texto.

O vindeiro 9 de xullo terá lugar a seguinte reunión, na que se abordarán, entre outras cuestións, o tema salarial e de xornada. Dende CCOO consideramos que se deron os primeiros pasos para seguir avanzando na negociación e faremos servir a nosa maioría para seguir mellorando o texto do futuro convenio.

Comparte o que pensas