CCOO Ensino denuncia irregularidades dos tribunais que xulga o procedemento selectivo na especialidade de Tecnoloxía

CCOO-Ensino pon de manifesto que incluír no criterio “Resolvéronse os exercicios de xeito correcto e xustificado demostrando os coñecementos específicos, técnicos e científicos actualizados” unha aclaración na que se especifica “ xustifica correctamente a imposibilidade de obter unha perspectiva a partir das vistas dadas, ou realiza a perspectiva da peza a partir das consideracións expresas que estima oportunas.” introduce un novo elemento que o único que fai e ocultar un erro do propio tribunal ao plantexar un exercicio que non tiña solución.

CCOO-Ensino considera ademais que cos criterios publicados en primeiro lugar non se podía inferir que o exercicio de debuxo en cuestión tivera como solución correcta a súa irresolubilidade e que se xerou unha situación de inseguridade nas opositoras e opositores.

CCOO-Ensino manifesta que os Tribunais de Tecnoloxía deben asumir o seu erro e esixe dos mesmos que dean unha solución a esta situación, que pasa ou por anular o devandito exercicio ou por anular e repetir a primeira parte da proba. Manterse en calquera outra posición é por en perigo todo o proceso.

CCOO-Ensino xa plantexara na Mesa Sectorial que os criterios de avaliación das distintas partes da proba deberan ser máis específicos, para favorecer así o coñecemento das e dos opositores de cómo ían a ser avaliados.

CCOO-Ensino agradece e valora positivamente o traballo que as e os membros dos tribunais están a facer, pero naqueles casos puntuais nos que se produzan irregularidades denunciará as mesmas e esixirá as medidas necesarias para un proceso con todas as garantías para as e os  opositores.

Comparte o que pensas