PERIGA A PAGA DE ANTIGÜIDADE

 

    •Hai 5 anos asinouse o VI Convenio de Concertada. CCOO fomos a única organización estatal que non o asinamos e advertimos das consecuencias que podían xerarse. Tanto na “Paga de Antigüidade” (PEA), como no Complemento de Incapacidade, o VI Convenio deixa  o abono destes conceptos en mans da vontade política das Consellerías e, polo tanto, podíanse producir situacións discriminatorias nas que para un docente o dereito se fixese efectivo e para o da  Comunidade Autónoma veciña non. CCOO presentamos recurso  xudicial contra determinados artigos do convenio para evitar as consecuencias negativas que daquela xa anunciamos.  O recurso de CCOO contra  o artigo que regulaba a PEA  non prosperou porque  o Tribunal Supremo entendía que  a redacción do artigo respondía á intención dos asinantes do convenio.

    •  Esta sentenza do Supremo (en relación co recurso presentado pola Junta de Andalucia respecto da PEA) confirma os nosos peores temores e deixa ao arbitrio de cada Comunidade Autónoma o abono da PEA. 

  “…tales acordos non necesariamente obrigarán ás Administracións Públicas, senón que no que excedan dos módulos legais, tales obrigacións unicamente alcanzarán –salvo que o propio Convenio o exclúa, como é o caso agora examinado– ás respectivas empresas, ao non existir norma que obrigue á Administración a ampliar o límite orzamentario establecido”.

    •  É dicir, a Xunta de Andalucía, se non quere, non ten ningunha obrigación de abonar a PEA con carácter xeral.

    •  Decisións  contrarias aos intereses dos traballadores/as volven por en perigo os dereitos que se adquiriron hai 40 anos 

    •  Acusóusenos de poñer en risco o ensino concertado cos nosos recursos. Desgraciadamente volvese poñer de manifesto que os riscos proceden precisamente do contido dos artigos que nos impugnamos.

    •  Decisións equivocadas que obrigan a tensións e esforzos que podiamos ter aforrado. CCOO esforzarémonos para  que ningunha Comunidade Autónoma, aproveitando a sentenza do Supremo, deixe de abonar a PEA ou a IT por insuficiencia orzamentaria (nalgunhas xa existen movementos neste sentido) e velará para que non se produzan situacións discriminatorias entre o profesorado segundo a Comunidade na que traballen. Por iso, avalamos actuacións unitarias de todos os sindicatos ante unha negativa ao abono da PEA.