XII CONVENIO COLECTIVO DE ÁMBITO ESTATAL DE CENTROS DE ASISTENCIA E EDUCACIÓN INFANTIL.

 

É posible  precarizar aínda máis un convenio de mínimos?

As organizacións patronais téñeno claro e pensan que si. Tras meses de negociacións, o pasado 11 de xuño presentaron a súa última “ocorrencia” na Mesa de Negociación, mostrando a súa máis absoluta falta de respecto ás miles de traballadoras do sector.

Proposta patronal:

    − Para os anos 2016 e 2017 conxelación salarial.

    − Para os anos 2018 e 2019 un incremento do 1% anual con carácter xeral, a partir de setembro de 2018 e sen efectos retroactivos. 

Excepcións:

    • mestra, subida da 0,75%

    • educadora infantil, subida do 1,25%

    • auxiliar de aula, o Salario Mínimo Interprofesional

Todos os incrementos salariais aplicaríanse ao comezo de cada curso escolar, no mes de setembro.

− Eliminación da xornada semanal.

− Modificación da mellora actual no complemento de Incapacidade

Temporal, aplicándose os criterios marcados polo Réxime Xeral da Seguridade Social durante os primeiros 21 días e soamente a partir do día 22 da baixa complementaríase o 100% do salario durante catro meses.

    − Redución de 10 a 7 os días de vacacións de Semana Santa e Nadal. 

    − Redución do 50% na gratuidade da praza de  escolaridad por fillo/a.

Ante esta formulación tan distante das propostas unitarias sindicais, CCOO, como sindicato máis representativo do sector, non vai tolerar que se siga  ninguneando a miles de persoas e non descarta iniciar mobilizacións se non se expoñen medidas que permitan empezar a recuperar o poder adquisitivo perdido nos últimos anos de contención salarial e incorpórense novos  dereitos ao convenio.

Comparte o que pensas