A Consellería de Educación enrócase na súa posición na negociación de homologación salarial

Logo de varias mesas nas que CCOO-Ensino amosou a súa vontade negociadora, rebaixando de forma considerable a súa primeira proposta (de 130 euros) e aceptando unha modificación do calendario.

Pretender levar a aplicación do calendario ata o ano 2021, máis aló do que lle resta de mandato ao actual Goberno, é de todo inadmisible.

As razóns alegadas non son máis ca unha mera desculpa, xa que o acordo acadado en Xustiza remata a súa aplicación o 1 de xaneiro de 2020. Da mesma forma, os fondos adicionais que están establecidos no acordo estatal do 9 de marzo para a suba salarial de todas as empregadas e empregados públicos, tamén remata a súa aplicación no ano 2020.

Non avanzar nin en cantidade nin en calendario pon en evidencia o pouco peso que a Consellería de Educación ten no Goberno.

A Administración comunica que podería mover a cantidade pero non o calendario de aplicación, cuestión que leva a paralizar as negociacións e darnos un prazo de reflexión para valorar se hai posibilidade de continuar con elas .

CCOO-Ensino advirte que, de non avanzar na negociación, iniciará mobilizacións para conseguir que o profesorado da nosa comunidade non teña unhas retribucións por debaixo da media do Estado.

Comparte o que pensas