Sentenza a favor dos traballadores sobre os días de asuntos particulares

O  xulgado do social   nº 2 de Vigo, en sentenza do 2 de maio de 2018, contra a que non cabe recurso, dá a razón a un traballador da Consellería de Cultura, Educación e O. U. quen denegou reiteradamente a concesión dos días de asuntos particulares que lle correspondían. Devandito permiso está recoñecido no articulo 118 da lei 2/2015 do 29 de abril de emprego público de Galicia e na  instrución 14ª da resolución 24-02-2016 da propia   DXFP da Xunta de Galicia.

Esta sentenza confirma  e aclara que os citados días, son días nos que o traballador pode ausentarse do seu posto de traballo  sen xustificación  algunha, nin tan siquera facer un requirimento de xustificación. Os días de asuntos particulares, como tales, son de concesión automática,  sen máis trámite,  nin tan sequera de prazo de aviso, o que non impide que  xeralmente se realice a  solicitude en tempo para ter a posibilidade de prever a ausencia.

CCOO Ensino presenta a demanda deste traballador, ante a actitude da Consellería de non querer respectar os dereitos dos seus traballadores. 

É vergoñoso que teñamos que acudir aos tribunais para que a administración pública  respecte os dereitos dos seus traballadores e traballadoras, cando debería comportarse dunha maneira exemplar.

Comparte o que pensas