Convocadas as licenzas por formación para o curso 2018/2019 destinadas ao funcionariado docente non universitario

Destinatarios:

Persoal docente que pertenza aos corpos que imparten ensinanzas das establecidas na LOE, destinado durante o curso académico 2018/19 en centros educativos públicos e nos servizos provinciais de Inspección educativa dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo coa seguinte prelación:

a) Persoal docente funcionario que non gozou de licenza por formación nos últimos dous cursos (2016/17 e 2017/18).
b) Persoal docente funcionario que gozou de licenza por formación nos últimos dous cursos (2016/17 e 2017/18).
c) Persoal interino.